CRTVG

Buscar

Debate sobre tecnoloxía intelixente e o seu impacto no tecido empresarial

Publicado o 29/10/2019 14:56

Hai quen di que a intelixencia artificial é a electricidade do futuro. Implantala no tecido empresarial é un reto que xuntou en Santiago diretivos de grandes empresas galegas. Alí explicaron como se están a converter os lodos da depuradora de Bens en combustible verde e novas aplicacións no eido sociosanitario.

A depuradora de Bens será a primeira de España que inxecte gas renovable á rede de subministración. O proxecto dá solución a un dos residuos que máis abundan en España e converte os lodos nun biometano.

O delegado xeral de Naturgay Galicia, Manuel Fernández Pellicer, explica que "este gas está en condicións de servir para a mobilidade para autobuses ou camións que usen o gas natural como combustible. E tamén para poder inxectar ese gas na rede. A depuradora de Bens elixiuse porque temos a tubaxe de gas moi preto".

A fase de probas rematou e agardan exportar a experiencia. No sector sociosanitario hai un proxecto que sensoriza no fogar os movementos do usuario, máis alá dos rexistros clínicos.

"Existe un algoritmo que vai aprendendo dos estados da persoas, de onde está, de cando se levanta, de cando vai durmir, cando come. E todo iso fai que se poida actuar se hai algunha disfunción no momento exacto" conta o director xeral de Televés, Santiago Rey.

Busca un envellecemento o menos dependente posible.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/10/2019