CRTVG

Buscar

Debate no PSOE pola figura do relator

Publicado o 08/02/2019 08:31

Felipe González asegura que non son necesarios relatores no diálogo en Cataluña. A do ex-presidente do Goberno é a última crítica interna que aflora no Partido Socialista tras a decisión do Goberno de aceptar a presenza dunha figura neutral nesas conversas. No outro lado, a presidenta do partido, Cristina Narbona, explicou que non se está cruzando ningunha liña vermella. 

A crítica de González súmase á doutros históricos do partido e baróns territoriais en exercicio. O aragonés Javier Lambán insiste na confusión que rodea a idea e ve a Sánchez vítima da deslealdade conxénita dos independentistas.

Ferraz aborda o desconcerto cun documento interno dirixido aos seus cadros en que insisten en que non se busca un mediador nin unha figura internacional, senón alguén que garanta a transparencia sobre o que se fale na mesa de partidos cataláns. A presidenta do PSOE terzou na controversia.

A dirección rexeitou a petición doutro dos críticos, o presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page, de convocar un consello territorial para discutir a polémica do relator.

Noticias web

08/02/2019