CRTVG

Buscar

Debate na Arxentina sobre o reflotamento do ARA San Juan polo seu custo económico

Publicado o 20/11/2018 21:45

A última en falar foi a xuíza que leva o caso, e asegurou que se as 67.000 imaxes que lles proporcionou a empresa que deu cos restos do submarino ARA San Juan lle permiten facelas peritaxes precisas para saber o que ocorreu, non vai solicitar reflotar a nave. Unha tarefa que moitos cualifican de técnicamente imposible, pola profundidade á que se atopa -uns 900 metros- e tamén polo mal estado do casco, que podería escachar ao manipulalo.

A maxistrada falou tamén de responsabilidades e descartou que 'a priori', o presidente, Mauricio Macri, como comandante en xefe das Forzas Armadas, poida ser imputado.

Estas imaxes permitiranlle á Xustiza facer unha recreación 3D coa que os especialistas estudarán que lle ocorreu ao submarino. Mentres, a prensa local especula co que podería custar reflotar a nave.
Falan duns 3.300 millóns de euros. O ministro de Defensa cualificou de "disparate" gastar esa cifra multimillonaria nun país cun 30 % de pobreza e os familiares dos 44 tripulantes din que non pararán ata recuperar os corpos dos submarinistas.

Noticias web

20/11/2018