CRTVG

Buscar

Bos días

Debate entre os candidatos á secretaría xeral do PSdeG

Publicado o 06/10/2017 09:38

Recta final na carreira polo liderado do PSOE galego. Os dous candidatos á Secretaría Xeral confrontaron os seus proxectos de partido nun debate. Un cara a cara que evidenciou as súas discrepancias en canto ao modelo de partido.

Os dous candidatos á Secretaría xeral do PSdeG espuxeron os seu proxectos en materia económica e social con posturas semellantes, pero as diferenzas fixéronse evidentes no momento de falar do seu proxecto de partido. A unidade do PSdeG non ten a misma importancia para Gonzalo Caballero e Juan Díaz Villoslada.

O debate tensouse polo pacto entre Gonzalo Caballero e Xoaquín Fernández Leiceaga, que retirou a súa candidatura ás primarias. Villoslada cre que o acordo escurece o proceso e que non se anunciou no momento axeitado.

O vindeiro domingo, a militancia do PSDdeG decidirá quen dos dous será o secretario xeral dos socialistas galegos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

06/10/2017