Europa debate que facer coa AstraZeneca, sen un criterio único
Publicado o 08/04/2021 15:01
Europa non ten unha soa forma de xestionar esta crise arredor das vacinas de AstraZeneca. España foi un dos países que cambiou os seus plans inciais tras coñecer o ditame da Axencia Europea do Medicamento sobre os trombos en pacientes.
Cada país moveu ficha. A Comisión Europea tratou de buscar unha resposta coordinada, pero non houbo unanimidade. Por exemplo, Bélxica non agardou nin a que rematara a reunión dos ministros europeos para anunciar que limitan a vacinación con AstraZeneca a maiores de 55 anos, como xa fixera Francia.
E en Italia, igual que España, limítana máis, a maiores de 60, seguindo os pasos de Alemaña, Países Baixos ou Finlandia. E outros países aínda van estudar a situación nas próximas horas.