CRTVG

Buscar

De que se fala nun congreso sobre compostos purinérxicos?

Publicado o 06/09/2019 16:25

Santiago acolle estes días o Primeiro Congreso Europeo Purinérxico. A palabra seguro que non lles soa, mesmo lles pode levar a confusión, pero do que falan alí é de xenética. E falar con eles é, simplemente, asombrarse.

Aquí a pausa do café é particularmente por varios motivos. Un deles é que nos permite preguntar que vén sendo este congreso sobre compostos purinérxicos. E aproveitamos para preguntar para que serve este congreso.

Coñecer máis eses compostos purinérxicos, a comunicación entre células, axuda a combater a enfermidade. Pois preguntamos canto sabemos das células.

É a humildade propia dos xenios, porque fíxense como avanzaron no coñecemento dese diálogo entre as células. Pasar de medir en segundos a medir en nanosegundos ese diálogo entre células.

E para tomar café. Porque a cafeína forma parte das substancias purinérxicas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019