CRTVG

Buscar

De los Cobos non responde sobre se se usaron fondos reservados na Kitchen por ser "materia clasificada como secreta"

Publicado o 25/03/2021 21:22

O  exdirector do gabinete técnico do Ministerio do Interior, Diego Pérez de los Cobos, declarou esta tarde na comisión parlamentaria que investiga a operación Kitchen. A comparecencia foi tensa, mesmo tivo que interromperse a sesión en varias ocasión.

O ton elevouse nas preguntas de Unidas Podemos pero sobre todo coas de Esquerra e a conta do referendo do 1 de outubro. Polo demais, de los Cobos asegurou que nunca escoitou falar da kitchen e que non coñecía a Villarejo. Sobre se se usaron  fondos reservados para espiar a Bárcenas non respondeu por ser, dixo, "materia clasificada como secreta".

"Non podo achegar ningunha información relativa nin aos créditos dos fondos reservados, nin á súa utilización, nin á súa xestión, nin ao seu control. Estaría incorrendo en responsabilidades penais", di Diego Pérez de los Cobos, exdirector do gabinete técnico do Ministerio do Interior.

Noticias web

25/03/2021