CRTVG

Buscar

De los Cobos acusa os Mossos de favorecer o referendo

Publicado o 05/03/2019 20:59

O coronel da garda civil Diego Pérez de los Cobos dixo que sempre houbo dúbidas sobre a actuación dos Mossos e considera que o dispositivo para o 1 de outubro era insuficiente e ineficaz. De los Cobos acusou os responsables da policía catalá de intentar obstruír a actuación da policía e da Garda Civil.
Deuse polo menos en 10 ou 11 locais uns intentos de obstrución directa da unidade de Mossos que estaban no lugar para tratar de impedir a actuación dos axentes.

"O dispositivo que se estableceu desde a xefatura dos Mossos d'Esquadra estaba encamiñado a facilitar o desenvolvemento da consulta en lugar de impedila".

Pola mañá, o ex-delegado do Goberno en Cataluña, Enric Millo, contou que a partir do momento en que se aprobou no Parlament a chamada Lei de desconexión, os episodios de violencia en Cataluña foron en aumento.

"Houbo accións e concentracións pacíficas e houbo outras en que había unha compoñente clara de agresividade, de acoso de lanzamentos de obxectos, de ataques a persoas".

O ex-delegado do Goberno asegurou que a declaración de independencia foi en serio e, segundo dixo, ninguén en Cataluña pensou que era algo simbólico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019