De la Barrera estréase en Riazor recibindo o Compostela
O Deportivo de Rubén de la Barrera fai a súa presentación en Riazor coa presión do que sabe que non pode fallar. Acaba de empatar en Salamanca e recibe agora o Compostela. O técnico segue a traballar no seu modelo de xogo e insiste...
Rubén de la Barrera - Adestrador do Deportivo
Ao partido chega coas baixas de Uche, Héctor e Keko. Mais recupera a Bóveda, Miku, Boví e Rolan. Unha ausencia importante tena o Compostela, a de Primo. Arriba, por el, xogará Brais e o seu técnico ten claro quen vai gañar.
Iago Iglesias - Adestrador do Compostela
O encontro mañá -ás cinco- poderemos velo na nosa segunda canle. Tamén mañá pero ás 12 xoga o Coruxo. Recibe o Salamanca apremado por unha clasificaión que preocupa. E pola tarde farao o Pontevedra. Sen Rufo e sen Romay viaxa ao campo do líder, o Unionistas. Difícil pedra que ten que rachar. Sete xornadas sen perder. Mais terá que facelo se non quere ver como as súas aspiracións van quedando atrás.