CRTVG

Buscar

De fumigar o aire á distancia social: así evolucinou a loita contra a covid−19

Publicado o 15/03/2021 20:30

Lembran o traballiño que nos deu a covid−19 cando aínda non sabiamos como funcionaba o virus? Fumigabamos o aire, fregabamos as rúas, mesmo houbo un alcalde que limpou unha praia de Cádiz con lixivia. Limpabamos os zapatos e ata lavabamos os envases da compra. Algúns aínda o fan hoxe.

"A desinfección de superficies non está mal, pero en exceso non tiña sentido. O virus pode estar na superficie, pero o nivel de risco por contaxio no chan é absurdo", confirma Carlos Pereira, profesor de Viroloxía na USC.

Agora sabemos que o virus case nunca se contaxia polas superficies senón polo aire. Así que podemos relaxarnos un pouco con esa limpeza obsesiva. Pero non podemos baixar a garda coa máscara. Temos que levala sempre e relacionarnos cos demais en espazos abertos."Un gran grupo dentro dunha sala pechada é un risco altísimo, a probabilidade de infectarse porque haxa só un é altísima; moito tempo nunha sala pechada, a probabilidade de infectarse é altísima se hai un portador", explica. 

A ciencia xa nos deu ferramentas para combater a COVID−19: vacinas, máscara e distancia social. Agora está nas nosas mans axudar a acabar co virus.

Noticias web

15/03/2021