CRTVG

Buscar

De cara ao vindeiro curso, nas escolas infantís manteranse os grupos burbulla, pero relaxaranse algunhas medidas

Publicado o 06/08/2021 08:21
De cara ao vindeiro curso, nas escolas infantís manteranse os grupos burbulla, pero relaxaranse algunhas medidas

De cara ao vindeiro curso, nas escolas infantís manteranse os grupos burbulla, pero relaxaranse algunhas medidas. Os nenos, poderán usar o calzado que levan da casa e poderanse deixar os carros no centro.

O protocolo, que recibiu o visto e prace do comité cliníco o martes pasado, vai permitir que só en actividades ao aire libre os grupos poidan mesturarse. Non será necesario que os profesionais fagan entradas e saídas graduais nin terán que realizar a enquisa de autoavaliación. Así mesmo, permitiranse actividades grupais no centro e reunións das asociacións de proxenitores, sempre fóra do horario de atención educativa.

Noticias web

06/08/2021