David Valero consegue o bronce olímpico en bicicleta de montaña
Publicado o 26/07/2021 13:09
É a segunda medalla para a delegación española en Tokyo

A madrugada trouxo un bronce olímpico na extraordinaria carreira en bicicleta de montaña de David Valero. O gran favorito Van der Poel, que mesmo adiantou a súa marcha do Tour para aspirar a un ouro olímpico, perdeu toda opción despois dunha terrorífica caída.
Valero fixo unha remonta brutal dende o posto 22 ata as opcións de medalla na última volta e acabou entrando terceiro, superado polo británico Pidcock, ouro olímpico, e o suízo Flueckiger, que colgou a prata.
O ciclista levou o segundo metal olímpico para España nos Xogos Olímpicos de Tokyo.