CRTVG

Buscar

David Pla, o derradeiro xefe da ETA, será extraditado a España

Publicado o 13/02/2020 20:07

A policía francesa detivo o derradeiro xefe da ETA, David Pla, para entregalo a España. Pla fixo parte da cúpula da banda terrorista que anunciou a fin da actividade armada en outubro de 2011. Cumprira catro anos de prision en Francia e puxérano en liberdade condicional hai un ano. Estaba baixo control xudicial e detivérono cando acudía a asinar nunha comisaria de Hendaia. Pla é avogado. España reclámao pola súa presunta relación con Halboka, o aparato de presos da ETA.


 

Noticias web

13/02/2020