David Navarro loa o Joventut
Publicado o 15/03/2019 20:23
Tras perder co Manresa, o Obradoiro recibe en Sar o Joventut, sexto clasificado. En Santiago mediranse o máximo máximo triplista, Kostas Vasileiadis, co máximo anotador da liga, Nico Laprovittola. Os de Moncho Fernández enxalzan as cualidades dun rival que, malia os rexistros desta temporada, leva tres campañas sen gañar en Santiago. "É verdade que están facendo unha gran temporada. Hai que recoñecelo. Especialmente despois de como foron as cousas o ano pasado, están xogando moi ben. Teñen dous xogadores con moita confianza, e en xeral fixeron un bo equipo que está demostrando que o está fancedo moi ben para estar moi ben clasificado".