CRTVG

Buscar

David Costas deixa o Celta e asina tres temporadas co Oviedo

Publicado o 13/07/2021 10:39

RCCelta

David Costas non foi a Marbella porque non conta para o club. E xa atopou equipo. O Oviedo, onde xogará as próximas tres temporadas. Xa pasou recoñecemento médico e será presentado nas próximas horas.

Costas, de 26 anos, xa estivera nas filas do Oviedo na temporada 2016-17. Xogou 19 partidos e anotou tres goles. Despois de dúas tempadas no dique seco en Vigo, porque o Celta quería desfacerse del, Costas poderá seguir gozando do fútbol na Segunda División.

"Ganas de volver ao campo; fun moi feliz aquí e tiña ganas de saír e volver a gozar do fútbol", dixo Costas na súa presentación.

Noticias web

13/07/2021