David Chapela anuncia que abandonará o Cisne e o balonmán de elite pola covid-19
Publicado o 16/10/2020 16:34
David Chapela anuncia que abandonará o Cisne e o balonmán en canto o club fiche un substituto.
O xogador explica que a covid-19 fixo imposible a xa complicada tarefa de compatibilizar a súa actividade laboral coa práctica do deporte a nivel Asobal e adopta "unha decisión que foi moi difícil".