Telexornal Serán
David Cal entra na lenda coa medalla de prata no C1 1.000
É o único deportista español con 5 medallas olímpicas
E xa temos, ademais, no horizonte as regatistas Tamara Echegoyen e Sofía Toro pelexando polas medallas na modalidade de match race e a Begoña Fernández nas semifinais de balonmán feminino. Sen descartar a Teresa Portela que comeza a competir este venres. Pero a imaxe do día é esta. Unha imaxe moi familiar cando asistimos a unha cita olímpica. A imaxe de David Cal no podio. Ata hoxe disputou cinco finais olímpicas e nas cinco conseguiu algún metal. Curiosamente, o seu peor posto é o segundo. E máis ca probable que a proba desta mañá fose a máis dura da súa vida. Porque comezou moi mal e tivo que remontar. Iso si, fixo douscentos cincuenta metros finais para lembrar, unha proeza que queda para a historia. David Cal conseguiu unha medalla chea de mérito. Gañoulle ao alemán Brendel. O bronce foi para o canadense Oldersaw. Un dato, o anterior campión olímpico da distancia ÁTTILA VAIDA non conseguiu medalla.

