CRTVG

Buscar

Datos bos e estables de Santiago nas horas previas ao exame do comité clínico

Publicado o 01/12/2020 14:40

"Concretamente nas áreas con peche perimetral de Santiago e de Ourense a evolución é boa, e sobre todo estable no tempo, e non descartariamos que volvese haber unha relaxación nestas cidades", explica Xulio García Comesaña, Conselleiro de Sanidade.

A capital da Galicia ten os mellores datos epidemiolóxicas de todas as cidades galegas. En Compostela chegou a haber preto de 500 casos activos por cen mil habitantes e agora hai pouco máis de 100.

Recuperación en tempo récord e algo que importa especialmente: o dato da incidencia mantense estable, "102 por cen mil habitantes, e baixando, permítenos ser razoablememte optimistas, e eu confio en que o vindeiro venres a hostelería poida abrir, e espero que tamén se revise o peche perimetral", concreta o alcalde Xosé Sánchez Bugallo.

Bugallo considera razoable que a apertura do perímetro na capital galega se combine co peche do conxunto de Galicia para evitar que cheguen persoas procedentes, por exemplo, do norte de Portugal ou de comunidades con incidencias maiores.

Entre os comerciantes din que a apertura é xa unha necesidade anímica. Anímica e económica: o comercio reséntese do peche de hostalería, que se prevé que reabra pero con restricións horarias. Unha saída gradual e paulatina, pero saída, que podería chegar antes da fin de semana.

 

Noticias web

01/12/2020