Desaloxan unha pista deportiva en Vigo porque non se cumprían as normas de seguridade
Ningún método sanitario serve, se non se aplica. Foi o que pasou en Vigo. A policía local tivo que desaloxar 150 persoas que estaban nun campionato de fútbol nunhas pistas de deporte. Estaban ao aire libre,pero nin así se cumprían as medidas sanitarias.
Ata 24 equipos estaban inscritos no campionato. A aglomeración de xente chamou a atención dos veciños.
Esta intervención prodúcese poucos días despois do desaloxo dunha discoteca tamén por incumplir as normas sanitarias. A fin da desescalada está provocando a proliferación de comportamentos temerarios malias advertencias dos expertos.
Comportamentos que tamén podemos ver nas praias. As altas temperaturas destes días deixan estas imaxes doa areiais ateigados e con pouca distancia de seguridade.
Os máis concienciados foxen destes espazos. A cuestión está en recuperar a conciencia dos perigos que aínda nos acechan ante os rebrotes.