Das 9.000 persoas citadas para vacinarse na área de Vigo, 6.000 recibirán a vacina de Janssen
Publicado o 26/06/2021 16:37
Son os máis madrugadores desta xornada. Nada máis abriren as portas deste Instituto Feiral de Vigo, ás oito e media da mañá, comezaba a vacinación a bo ritmo das persoas no tramo de idade de 40 a 49 anos.
Emoción por vacinarse e por facelo dunha soa vez. Hoxe tocaba Janssen, un soro monodose.
Este sábado foron citadas arredor de 9.000 persoas. 6.000 delas sairán vacinadas e inmunizadas.
Mañá continuará a vacinación no IFEVI pero a vindeira semana sumarase a este punto de vacinación o hospital Álvaro Cunqueiro. O obxectivo, rematar coa primeira ou a única dose no tramo de idade comprendido entre os 40 e 49 anos para comezar xa cos de trinta a trinta e nove a vindeira fin de semana.