CRTVG

Buscar

'Dark patterns': os deseños que usan as webs para enganar o noso cerebro

Publicado o 13/06/2021 10:00
'Dark patterns': os deseños que usan as webs para enganar o noso cerebro

Os Dark Patterns (literalmente, patróns escuros) son deseños aplicados na navegación web ou nas aplicacións para inducirnos a facer algo ou persuadirnos de todo o contrario.

A través de arrevesados trucos, as páxinas e as apps conseguen que cedamos máis datos dos necesarios ou que merquemos produtos e servizos que non queremos.

Hai ducias de exemplos que van dende sinxelamente agochar o botón para pechar un anuncio até incorporar no cesto da merca online un seguro que non pediramos. O fenómeno está tan expandido que xa existen plataformas dedicadas a identificalos e denuncialos como prácticas pouco éticas.

No G24 deseñamos un pequeno xogo en que recreamos algúns dos trucos destes deseños. O obxectivo é sinxelo: merca a camiseta da TVG sen gastar máis de 10 euros e sen ceder datos innecesarios. Ollo, está ateigado de trampas! Non é apto para persoas con pouca paciencia!

Recoméndase xogar en móbil e ampliar a pantalla antes de empezar (botón inferior á dereita).