CRTVG

Buscar

Darias: "O Goberno, con Sánchez á cabeza, está centrado en acabar coa pandemia"

Publicado o 04/06/2021 11:07

Segunda ministra que responde sobre a posible remodelación do Goberno que adiantaron algúns medios dixitais e que negou a Moncloa nun comunicado.

A ministra de Sanidade, Carolina Darias asegurou esta mañá que o presidente Sánchez está centrado nestes momentos en acurralar o virus e acabar coa pandemia. Así o manifestou nunha entrevista na Cadena SER onde lle preguntaron se Sánchez ía facer algunha remodelación no Goberno tras publicarse en varios medios de comunicación.

A resposta da ministra é a mesma que lanzou este xoves a Secretaría de Estado de Comunicación, que lembrou ademais que Pedro Sánchez ten en exclusiva a prerrogativa e a iniciativa para formar ou modificar o seu gabinete.

Noticias web

04/06/2021