Darias, sobre Janssen: "Estamos expectantes e preparados para recibir a vacina"
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, sinalou que España está "expectante", aínda que "preparada" para recibir as 300.000 doses da vacina contra a covid-19 de Janssen previstas para este mércores, aínda que a compañía anunciou que vai atrasar as súas entregas tras a paralización nos Estados Unidos pola aparición de seis casos de trombos en persoas vacinadas coa súa inxección.
"En relación a Janssen, Estados Unidos estableceu unha pausa. Estamos expectantes, a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios está en permanente contacto coa Axencia Europea do Medicamento. Estamos preparados para recibir a vacina", asegurou na sesión de control ao Goberno no Senado.
En Galicia, a falta de confirmación do Goberno, Sanidade conta coa chegada de 8.000 doses este mércores, segundo fontes do Sergas.