Darias descarta tomar novas medidas de ámbito estatal ante a suba de contaxios
• Ofrece cinco millóns de tests de antíxenos e militares rastrexadores
A ministra de Sanidade Carolina Darias puxo en valor este mércores o elenco de documentos de medidas acordadas polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde para que as comunidades autónomas poidan actuar ante o incremento de contaxios e descartou a petición de Castela e León de volver impoñer un toque de recollida xeral.
"Non está sobre a mesa", resolveu Darias na conferneica de prensa posterior ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. En calquera caso, a ministra reafirmou os documentos de medidas aprobados no seo do Consello Interterritorial para que os diferentes executivos autonómicos poidan tomar medidas sen ter que recorrer a outras novas accións de ámbito nacional.
Si explicou que unha boa estratexia para frear a transmisión entre os mozos é comenzar a intercalar as súas vacinas co resto de tramos de idade, algo que xa comezaron a facer moitos gobernos autonómicos.
Aclarou que aos mozos hai que pedirlles responsabilidade no comportamento pero non responsabilizalos da nova situación e lembrou a importancia de retirar a máscara en exteriores só cando se cumpran os requisitos de distanciamento social.
Darias ofreceu ademais ás comunidades cinco millóns de probas de antíxenos e máis rastrexadores militares, que xa solicitaron varias autonomías, para intentar reducir a transmisión do virus.