CRTVG

Buscar

Darias avanza que a terceira dose podería ser axeitada para colectivos vulnerables

Publicado o 31/08/2021 13:01

Con España a piques de alcanzar o obxectivo de ter vacinado o 70 % da poboación coa pauta completa, a ministra de Sanidade, Carolina Darias, comparece esta tarde no Congreso para informar da evolución da pandemia e dos novos pasos para combater a enfermidade.

Nas últimas horas, a ministra anunciaba que todo apunta a que se vai aprobar a terceira dose para determinados grupos vulnerables. Insistiu en que a decisión se adoptará da man da evidencia científica.


 

Noticias web

31/08/2021