Darias advirte que "o bicho segue aí, á espreita de quen non se protexe"
Precaución ante o imparable incremente de contaxios. A ministra Carolina Darias pide que se respecten as normas. Aínda non se coñecía a morte dun mozo en Cataluña e Datias xa se dirixía especialmente aos máis novos, e ás persoas que aínda non están vacinadas. O virus está preparado para atacar.
Os datos desta tarde dirán se seguen aumentando os casos con máis ou con menos intensidade que a semana anterior. Se se confirma un cambio de tendencia. A situación é especialmente preocupante nalgún territorio, por exemplo, en Cataluña, co 30 % das camas UCI ocupadas por covid. Nesa comunidade, un de cada tres ingresados ten menos de 40 anos.
"Hai que seguir facendo unha chamada á cultura do coidado, unha chamada á prudencia, unha chamada a cumprir as normas que estamos ditando as autoridades sanitarias, e ter moito respecto ao virus. O bicho segue aí, á espreita de quen non se protexe, á espreita de quen non está vacinado", asegurou Carolina Darias.