CRTVG

Buscar

Darias advirte de que non é posible celebrar con público a final da Copa do Rei

Publicado o 17/03/2021 19:31


A ministra de Sanidade, Carolina Darias, manifestou que non "é posible, adecuado, oportuno nin conveniente" celebrar o 4 de abril con público a final da Copa do Rei en Sevilla. Así o dixo Darias este mércores en conferencia de prensa ao remate do Consello Interterritorial de Saúde, en que, manifestou, todos os conselleiros autónómicos expresaron a súa preocupación pola celebración deste acto cunha capacidade de máis de 10.000 persoas.

"Todos temos ganas de volver estar presencialmente nestes eventos, pero entenderán que non é o momento", asegurou Darias, tras insistir en que a evolución da pandemia está nun momento clave, pero existe a posibilidade dunha repunta. 

Noticias web

17/03/2021