CRTVG

Buscar

Danlle unha malleira e róubanlle o móbil durante un botellón na Laxe, en Vigo

Publicado o 20/04/2019 16:41

Durante esta noite houbo varias pelexas en distintas zonas de copas de Vigo. A máis grave, na que un rapaz quedou inconsciente, foi nas bancadas da Laxe, de madrugada. Durante o botellón quedou inconsciente despois de que outros tres rapaces o atacaran en grupo e lle roubaran o teléfono móbil. Foi asistido por sanitarios na rúa pero non foi necesario trasladalo a ningún hospital.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/04/2019