CRTVG

Buscar

Danlle unha malleira a un can no Pereiro de Aguiar

Publicado o 04/10/2021 14:02

Gala presenta importantes feridas tras a malleira que recibiu. Manuel sospeita que lle deron os golpes polo único oco que hai no peche da leira, cando el non estaba na casa. Foi cando chegou do traballo e lle estrañou que non viñese saudalo coma sempre cando atopou a cadela malferida.

Cre que o agresor tivo que ser un veciño. Hai dúas semanas, outros dous cans foron atacados na súa propia leira, segundo a denuncia do dono. Por sorte, non sufriron danos.

En San Benito, esta aldea do Pereiro de Aguiar, están moi asustados e preocupados por se os seus cans volven sufrir agresións. Gala recupérase aos poucos das súas feridas, pero ten problemas para respirar polas fracturas na boca.

Noticias web

04/10/2021