CRTVG

Buscar

Danlle a alta ao home ao que lle diagnosticaron en Vigo a cepa surafricana da covid

Publicado o 29/01/2021 15:57

Moi parecida ás variantes británica e brasileira coas que comparte mutacións, a cepa surafricana tamén é máis contaxiosa.

O servizo de microbioloxía do hospital de Vigo detectou o virus nas mostras dun home duns 30 anos que viaxara recentemente a Suráfrica por traballo. Este caso é o primeiro detectado en España da cepa surafricana. Os expertos din que por agora é minoritaria, pero que hai máis casos.

Todos os contactos do paciente, que xa recibiu a alta, foron controlados. Insisten na importancia de realizar este tipo de probas que axudan a descubrir novas cepas do virus. Desde o servizo de microbioloxía din que son procesos complexos, pero moi importantes para loitar contra a pandemia.

Noticias web

29/01/2021