CRTVG

Buscar

O Goberno de Nicaragua excarcera case mil presos comúns

Publicado o 22/10/2021 23:03
O Goberno de Nicaragua excarcera case mil presos comúns

O matrimonio Ortega

O Goberno de Nicaragua concedeu a liberdade condicional a un milleiro de reos comúns, entre eles corenta e cinco mulleres. Cumprirán o que lles resta de pena baixo o réxime de convivencia familiar. A medida foi anunciada pola Vicepresidente do país, Rosario Murillo.

As excarceracións aprobáronse cando faltan dezaseis días para as eleccións xerais, nas que o Presidente Daniel Ortega busca ser reelixido por terceira vez consecutiva e segunda coa súa dona Rosario Murillo na Vicepresidencia.

Organizacións da oposición e organismos como o non gobernamental Centro Nicaraguano de Dereitos Humanos demandaron a liberación dos presos políticos, un grupo de 155 persoas presas no contexto da crise sociopolítica de 2018. Entre os presos políticos hai trinta e nove líderes opositores, empresarios e profesionais independentes, incluídos sete aspirantes a candidatos á Presidencia.

Noticias web

22/10/2021