Daniel López, epidemiólogo: "Precísase a sanidade e a vixilancia epidemiolóxica reforzada, que permita conter calquera brote"
Tres décadas de traballo para a Organización Mundial da Saúde como director de Acción Sanitaria en Situacións de Crise é carta de presentación suficiente para atender ao que nos diga o doutor, Daniel López Acuña. Viviu como epidemiólogo varias crises sanitarias, e tivo que lidar directamente coa pandemia da gripe A en 2009.
Sobre as medidas de illamento que, segundo o estudo do Imperial College, evitaron a morte de máis de tres millóns de persoas en Europa, 450.000 en España, Daniel López di que "tiveron todo o sentido do mundo. Sabemos, cos datos, que se a metade dos españois se infectase, teriamos agora arredor de 250.000 mortos".
O forense, adscrito á xuíza que lle vai tomar declaración hoxe ao delegado do Goberno en Madrid, di que "a situación de hecatombe en España víase vir", pero Daniel López asegura que "a linguaxe que utiliza non ten ningún rigor epidemiolóxico. Nese momento era imposible determinar a magnitude que tivo o virus en toda Europa".
De agora en diante, o epidemiólogo recomenta ter "unha vixilancia epidemiolóxica reforzada, que permita conter calquera brote, e para iso hai que ter o sistema de saúde publica e de vixilancia epidemiolóxica a punto, ter capacidade de diagnóstico precoz, para que calquera mínimo incendio que se produza non xere unha transmisión comunitaria, porque se a houbese, habería que considerar medidas de confinamento".