CRTVG

Buscar

Daniel Lacalle, sobre a caída da bolsa: "É unha corrección xustificada ante o cambio de política dos bancos"

Publicado o 06/02/2018 10:01

Na entrevista falamos de economía e da solidez da recuperación con Daniel Lacalle, doutor en Economía e profesor de economía global e finanzas. 

A caída da bolsa en Wall Street

"As bolsas subiron a máximos históricos durante os últimos dous anos e as valoracións son moi excesivas. O comezo de ano foi tamén moi agresivo, e as cousas que soben demasiado baixan tamén demasiado". "Trátase dunha corrección completamente xustificada ante o cambio de política dos bancos centrais". 

"Temos que aproveitar os momentos nos que hai caída para buscar valor e aproveitar as oportunidades". 

'La gran trampa', libro de Daniel Lacalle

"Temos que ser conscientes de que a recuperación económica está sendo sustentable, pero esa recuperación vén apoiada nuns tipos de interese desproporcionadamente baixos. Tamén nunha enorme inxección de liquidez por parte dos bancos centrais, e temos que ser conscientes do risco do gran endebedamento que se xera por esas políticas". 

A recuperación económica española

"Estamos na boa dirección". "España chegou a ter un 10% do PIB de déficit comercial e un 10% de déficit fiscal; un 20% de endebedamento inmediato co exterior a curto prazo". "España tiña unha enorme burbulla inmobiliaria e ademais importaba dunha maneira absolutamente desproporcionada".

"Agora estamos medrando en exportacións, reduciuse o déficit a menos da metade, o endebedamento público leva máis de tres anos estancado respecto ao PIB, o endebedamento privado reduciuse a niveis do 2006 e estase creando emprego moito máis sólido". 

"O paro é un problema histórico en España. España é a única economía que coñezo que tivo tres veces consecutivas, dende o ano 77, unha cifra de paro do 20%". "O paro en España é historicamente elevado e temos que facer moitos cambios en liña cos países que o teñen no tres, no catro ou no cinco por cento". "Non pode ser tan caro contratar e o despido non pode ser a única forma de axustar a situación difícil nas empresas". 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2018