Daniel Lacalle e Andrea Levy renuncian ao escano
Publicado o 16/05/2019 20:09
Dobre renuncia no PP a ocupar escano no futuro Congreso dos Deputados O independente Daniel Lacalle, referente económico do partido, renuncia á acta a petición da dirección para permitir que repita como deputada Marimar Blanco. Tampouco estará na cámara Andrea Levy. A vicesecretaria de Estudos e Programas prefire centrarse no concello de Madrid, onde ocupa o número dous nas listas populares para o 26 de maio. O seu posto no Congreso ocuparao Jose Ignacio Echaniz.