CRTVG

Buscar

Daniel Castro marca o rexistro número 44 na clasificación individual masculina en tiro con arco

Publicado o 23/07/2021 08:31
Daniel Castro marca o rexistro número 44 na clasificación individual masculina en tiro con arco

O arqueiro pontés Daniel Castro Barcala foi o primeiro galego en entrar en competición nos xogos olímpicos. O galego asinou o posto 44 na quenda de clasificación con 650 puntos.

Logo do resultado, Dani Castro quedou emparellado na rolda de 1/32 con Chung Heng Wei, de China Taipei, que fixo 11 puntos máis ca el nesa clasificatoria. Wei, co que se enfrontará o martes, ten 27 anos e xa participou nos xogos do Río (rematou no posto 17). 

Nesta clasificatoria, España tamén xogaba as opcións de meter o equipo mixto agrupando os resultados de Daniel Castro e Inés de Velasco. A súa suma non foi dabondo logo de remataren no posto 21 (entraban os 16 primeiros países).