CRTVG

Buscar

Dani Rovira supera o cancro: "Hoxe é o primeiro día do resto da miña vida"

Publicado o 15/08/2020 16:33
Dani Rovira supera o cancro: "Hoxe é o primeiro día do resto da miña vida"

O actor Dani Rovira anunciou este sábado 15 de agosto en redes sociais que se curou do cancro contra o que loitou durante os últimos seis meses. "Hoxe é o primeiro día do resto da miña vida. Estou curado! Todo acaba e todo empeza hoxe", anunciou nas súas contas de Twitter e Instagram este sábado, nun texto que acompaña a unha fotografía de Rovira facendo un xesto de triunfo.

O actor asegura que foron "seis meses de suba a unha das montañas máis duras" ás que se enfrontou, pero engade que chegou "á cima" e que as vistas desde ela "son preciosas e reveladoras". Dani Rovira agradece á súa familia, ao persoal sanitario que lle atendeu, aos seus amigos e a todas as persoas que lle axudaron " na suba a esta gran escarpada".

Tamén lembrou a todas as persoas que seguen loitando contra o cancro e a todos aqueles que "a pesar de dalo todo" non conseguiron curarse. O actor, protagonista de películas como 'Oito apelidos vascos' ou ' Superlópez', anunciou que padecía cancro o pasado 25 de marzo, no medio da pandemia do coronavirus, e foi mostrando a través das redes sociais a súa loita contra a enfermidade.

Noticias web

15/08/2020