CRTVG

Buscar

Dani Rodríguez, un deportivista que triunfa en Mallorca

Publicado o 19/06/2019 17:42

E regresa a Riazor como hai vinte días Dani Rodríguez. O futbolista de Betanzos é titular indiscutible no Mallorca. Saíu de Betanzos, pasou polo Deportivo, polo Rácing de Ferrol, por equipos de segunda B, Albacete e agora triunfa en terras baleares.

A decisiva cita do deportivismo concita no lugar común do noso fútbol espazos de memoria como os que agroman, poñamos por caso, na cabeza do centrocampista do Mallorca Dani Rodríguez.

O betanceiro está callando unha excelente temporada no rival do Dépor, nun chanzo máis da súa carreira que trae recordos dun cativo coas ideas claras e os sacrificios asumidos aos seus primeiros adestradores.

O Betanzos e o Fabril foron dúas escolas decisivas no camiño de Dani Rodríguez. E de ámbolos equipos, con diferentes obxectivos e con puntos de partida ben distintos, sempre soubo tirar proveito para medrar futbolísticamente.

O gol de Dani Rodríguez co Mallorca hai sete días foi clave para que os illeiros tomaran vantaxe na eliminatoria co Albacete. Agora o fútbol emparella o seu futuro en primeira co futuro do Deportivo. A cadratura do círculo para os que lle teñen querenza.

Ben estaría que todos gañaran pero no fútbol, como na receta betanceira, xa se sabe que non hai maneira de facer tortilla sen escachar os ovos.

 

 

 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019