CRTVG

Buscar

Dani Rodríguez marca no triunfo do Mallorca (2-0)

Publicado o 14/06/2019 17:23

E vantaxe importante para o Mallorca na semifinal restante. Dous-cero ao Albacete. Enorme actuación do betanceiro Dani Rodríguez. O Mallorca adiantouse cun tanto de Leo Suárez. Sete minutos de partido. Vinte mil espectadores en Son Moix. O equipo de Vicente Moreno tivo o control do encontro en todo momento. E faltando poucos minutos marcou Dani Rodríguez. Control na fronta e disparo coa esquerda. Soberbio o tanto do futbolista de Betanzos. Do mellor da categoría. Imprescindible no Mallorca. Como o ano pasado no Albacete. O domingo, o duelo de volta no Carlos Belmonte.



 

Noticias web

14/06/2019