CRTVG

Buscar

Dani Giménez: "Rexeitei ofertas de primeira por seguir aquí"

Publicado o 20/07/2019 15:27

Cumprida a primeira semana de adestramentos o cadro deportivista intenta esquecerse dunha vez por todas do fracaso da temporada pasada e rearmarse de ilusión para a nova campaña.

O veterano porteiro, que arrastra unha lesión dende o play off, confesa que recibiu ofertas para xogar en primeira, pero asegura que a súa primeira opción sempre foi continuar na Coruña.

Con novo adestrador e novos compañeiros, Giménez asume que hai erros que corrixir para pelexar polo obxectivo do ascenso.

Tras o descanso dominical, o cadro coruñés retomará o luns o traballo de pretemporada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2019