CRTVG

Buscar

Dani Giménez rescata un punto para o Deportivo

Publicado o 03/12/2018 18:55

En dezaseis xornadas Dani Giménez só recibiu dez goles, é o segundo mellor rexistro da categoría. É un dos responsables de que o Deportivo leve once xornadas seguidas sen perder. Dani Giménez apareceu no Cerro del Espino en momentos puntuais durante a segunda parte para frustrar as acometidas do Raio Mahadahonda.

Dani Giménez: "Estamos para iso, para tentar axudar o equipo e non hai máis. Ás veces sae ben, outras sae mal. Temos que aproveitar as dinámicas e seguir así. Creo que o equipo mellorou con respecto a outros partidos fóra da casa".

Natxo González: "É un rapaz moi riquiño, bo tío, bo compañeiro e, ademais, é porteiro e está para parar. Os porteiros danche puntos e Dani Giménez, non pode ser doutra maneira, cando o precisas, está".

Noticias web

03/12/2018