CRTVG

Buscar

Dani Giménez quítalle gravidade ás declaracións de Christian Santos

Publicado o 08/11/2019 19:33

Dani Giménez, veterano curtido en mil batallas con galóns de capitán, bótalle auga ao lume prendido por Christian Santos. "Ofreceuse sen palabras malsonantes nin pedindo nada de maneira esaxerada. Simplemente se puxo no escaparate dicindo: "eu tamén estou aquí, estou adestrándome ben. Tamén é bo realmente que un xogador coma el ao final se poña na palestra e se meta certa dose de presión porque nunha situación que é mala el está ofrecendo máis para podermos saír de aí", explica o vigués.

O porteiro non agarda medidas ao respecto por parte de Luis César e defende a saúde do vestiario. "Creo que o míster leva moi ben estas cousas porque tamén sabe cómo somos coma equipo, o carácter, non hai ninguén tóxico no vestiario e evidentemente ás veces podes equivocarte", sinala.


Pasa folla Giménez e pide toda a atención para o partido do domingo contra o Elxe en Riazor. Partido a cara ou cruz: "Sen dúbida, o que temos que facer é gañar, non hai outra", conclúe



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019