CRTVG

Buscar

Dani Giménez non pode golpear o balón

Publicado o 07/02/2020 14:22

Mañá fara a proba definitiva para saber se xoga en Alcorcón

Esta mañá vimos a Dani Giménez no adestramento do Deportivo.

Participou uns minutos, pero non finalizou a sesión. Dani Giménez segue con dificultades por mor da lesión no pube que padece e non arrisca. Mañá pasará a proba definitiva.

O seu problema é o golpeo de balón. Non pode realizado como debera e como necesita o equipo.

De pube sabe coma ninguén o canario David Simón que leva catro meses sen xogar. Non é a mesma lesión, pero é similar.

 

Noticias web

07/02/2020