CRTVG

Buscar

Dani de la Torre busca mozos con talento en Nigrán para a súa nova película

Publicado o 21/11/2019 20:40

Algún destes rapaces de entre 13 e 17 anos podería ser o protagonista da próxima película de Dani de la Torre. O monfortino realizou unha proba en Nigrán en busca de novos talentos da sétima arte.

Moitos nervios e ilusión á hora de facer o seu primeiro casting. Tratouse dunha sinxela proba.

Moitos deles acudiron acompañados dos seus proxenitores, que ven con bos ollos que proben sorte no mundo do cine.

A longametraxe do autor do Descoñecido ou A sombra da lei está escrita por Albert Espinosa e rodarase en Galicia. Baiona será a última parada do casting. O martes 26 remata o proceso de selección.

Noticias web

21/11/2019