CRTVG

Buscar

Dani Cancela, emigrante do fútbol e coleccionista de títulos

Publicado o 17/10/2020 15:28

7 Ligas, 6 Copas ou 3 Copas da Liga son algúns dos vintetrés títulos acumulados polo coruñés Dani Cancela nos dez anos que leva en Hong Kong onde a semana pasada engadiu o seu último título ligueiro.

Segundo Cancela, "o outro día díxome un xornalista que xa era o estranxeiro con máis títulos na historia da Liga, por eso si que o sei, unha cousa que está moi ben a verdade."

Dani Cancela, sen embargo, non é un estranxeiro propiamente dito xa que desde hai tres anos ten pasaporte hongkonés e foi quince veces internacional. De Hong Kong ao ceo.

Noticias web

17/10/2020