CRTVG

Buscar

Danan petróglifos en Teo

Publicado o 22/07/2016 20:08

O concello acaba de denunciar danos irreparables en figuras rupestres das zonas do outeiro do Corno e do río Angueira

A outra cara do patrimonio amósannola as agresións humanas coma as que sufriron uns petróglifos en Teo. O concello acaba de denunciar danos irreparables en figuras rupestres das zonas do outeiro do Corno e do río Angueira. A acción máis grave produciuse no petróglifo en que alguén raiou con pedra unha cruz. Os demais trazos aparecidos foron feitos con xiz, como se se quixesen realzar as figuras para tomar fotografías.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2016