CRTVG

Buscar

Dan por desartellada en Vigo a trama de branqueo de capitais do 'Culebra'

Publicado o 05/10/2017 14:09

Tras a detención da muller e a filla do Culebra, xa están en prisión oito dos doce condenados nesta trama, a maior desartellada nunca en Vigo de branqueo de capitais procedentes do narcotráfico.

Dos catro que faltan por entrar en prisión, dous farano en breve, entre eles unha sobriña do líder do clan. Os dous últimos son un condenado menor, a seis meses de cadea, e o propio líder da banda, Juan Carlos González Martín, 'O Culebra', que aínda está libre, por motivos de saúde. Á súa muller e á filla, condenadas a cinco anos, colléronas hai unhas horas no seu chalé de Nigrán, coa equipaxe lista para marchar. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/10/2017