CRTVG

Buscar

Controlado o incendio da Palma e estabilizado o de Ávila

Publicado o 18/08/2021 13:33

EFE

AXENCIAS

O incendio urbano agrícola da illa da Palma deuse por controlado na mañá deste mércores, aínda que "con reservas", dixo o presidente das Canarias, Ángel Víctor Torres, xa que os fortes refachos de vento e as altas temperaturas continúan afectando o arquipélago en xeral e A Palma en particular.

O lume comezou no municipio de El Paso sobre as 11:45 horas do martes, 17 de agosto, en condicións "moi adversas" en canto á climatoloxía, e xa calcinou unhas 300 hectáreas nun perímetro de 10 quilómetros, onde houbo un "dano material importante", xa que se queimaron zonas agrícolas, vivendas ou coches, entre outras. 

"Non hai que lamentar danos persoais", aínda que se tivo que asistir unha vintena de persoas, pero "ningunha presenta gravidade", explicou o presidente das Canarias. 

Estabilizado o de Ávila

En Navalacruz, Ávila, o incendio está estabilizado. Son 20.000 hectáreas arrasadas que o sitúan como o cuarto máis grave da historia de España. Os afectados comezan o reconto das importantes perdas que van sufrir.

En Navalacruz xa non hai lapas no perímetro, pero aínda existen pequenos focos nun incendio que leva activo desde o pasado sábado.
 

 

Noticias web

18/08/2021