CRTVG

Buscar

Damián Alonso quere ser campión do mundo de ergómetro

Publicado o 17/02/2016 21:44

Outro galego que quere ser campion do mundo é Damian Alonso. Ser o mellor do mundo no remoergómetro. Estar na máquina que simula a acción de remar e percorrer 2.000 metros, a distancia raíña que cada ano congrega nos Estados Unidos centos de remeiros. 

O problema de Damian Alonso é o de moitos deportistas. Como non atopa patrocinadores, montou un crowfunding para viaxar ao Mundial. 

Un campión de Europa que quere ser campión do Mundo. O martes marcha cara a Boston. Compite o domingo 28. Despois, cando chegue o verán, verémolo na Galega remando, como ultimamente, na traiñeira de Samertolameu de Meira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2016