CRTVG

Buscar

Da gaita galega á dirección de orquestra, Pablo de Vigo dirixe a Real Filharmonía de Galicia

Publicado o 30/09/2020 15:47

A Real Filharmonía de Galicia ensaia o progama de Música para a cidade, que quere achegar o repertorio clásico ao gran público.

Repártense entradas de balde para tres concertos cun programa variado e musica de Beethoven, Rossiani, Mendelsohn ou Hadyn dirixido por Pablo Devigo.

Así tocaba unha virtuosa composición propia no premio Constantino Bellón, que gañou varias veces. Pablo DeVigo naceu en Castro Caldelas. Destacado gaiteiro, clarinetista, formado no consevatorio de Ovideo, distintas bolsas de estudos levárono o Instituto de Música de Cleveland nos Estados Unidos para afondar na súa carreira musical como director, pianista ou clavecinista.

A temporada pasada foi o director asistente da Sinfónica de Carmel. Tamén o pasado ano formou parte do equipo musical que fixo posible a 'Amnesía de Clio', a ópera de Fernando Buíde, e que supuxo o seu primeiro contacto profesional coa Real Filharmonía de Galicia.

Os concertos representan o preludio a unha difícil temporada para unha orquestra enmascarada que baixo o lema Emocións Naturais quere levar o bálsamo da música aos tempos de pandemia.



 

Noticias web

30/09/2020