CRTVG

Buscar

'Cyber Monday', día de descontos na web tras o 'Black Friday'

Publicado o 02/12/2019 15:37

Do Venres Negro ao Ciberluns. A festa do consumo segue hoxe, pero na Rede, coas mellores ofertas do ano, sobre todo en tecnoloxía. É unha boa ocasión para compradores, pero tamén para estafadores. Así que os expertos aconsellan comparar prezos, desconfiar dos choios e só mercar en páxinas oficiais.


Tamén hai quen anda á procura de datos persoais e bancarios neste Ciberluns. Por iso, á hora de pagar, mellor usar tarxetas virtuais ou intermediarios como Paypal e nunca enviar cartos en efectivo.

Os compradores teñen catorce días para devolver a compra desde que chega á casa. Un seguro contra a compra compulsiva neste último día de ofertas antes do Nadal.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019